Cabecera

tiempo en españa en A Coruña

Contenido extra

 

CONTENIDO

Programas

Visitas guiadas

Marineda City é toda unha cidade, onde non faltan as prazas, as fontes, as rúas, locais, plantas....Por iso temos percorridos guiados, visitas para grupos, asociacións, colexios, agrupacións, empresas... que lles interese coñecer Marineda City dende outro punto. Descubrir cantos metros ocupa o centro, cantos metros decristal se utilizou na cuberta, persoas que diariamente traballan ou simplemente o número de tendas e locais hai.

Ademais de decatarte de infinidade de detalles e curiosidades de Marineda, descubrirás da man do persoal de Marineda City, información, datos, peculiaridades da cidade de ocio & Shopping que é Marineda City.

Se pertences a unha asociación, a un colexio, colectivo, empresa escríbenos a info@marinedacity.com ou chama o Tlf. 881 888 888 e informarémoste de todos os detalles para organizar a túa visita.

Estes son algúns dos grupos que xa nos visitaron:

-   IESP Menéndez Pidal (A Coruña)

-   Centro de Formación Profesional Piñeiral (Arzúa)

-   IES Monterroso (Lugo)

-   IES A Guía (Vigo)

-   EE María Mariño (A Coruña)

-   IES Pontepedriña (Santiago)

-   Asociación Ambar

-   AAVV O Freixo (Outes)

Marineda City ao alcance de todos

Se padeces algún tipo de mobilidade reducida, Marineda City puxo á túa disposición scooteres eléctricas.

O custo é de 1 ¤ cada 20 minutos (acéptanse fraccións menores de tempo en moedas de céntimos).

As scooteres pódelas encontrar na planta baixa, entre os establecementos Imaginarium e Korner (prósimo aos ascensores panorámicos).

Con este servizo Marineda City ampla o Programa de Responsabilidade Corporativa do centro.

A recadación destínase á Unidade Provincial de Parapléxicos da Coruña.

Responsabilidade Social Corporativa Marineda

No marco do programa de Responsabilidade Social Corporativa, Marineda City
habilitou o programa Marineda City solidario, un espazo dirixido a ONG's e asociacións de acción social para que poidan levar a cabo actividades de promoción, información, sensibilización, captación de socios ou recadación de fondos. Un programa para a acción social na que Marineda City quere participar, formando parte deste e colaborando para que todos os colectivos máis desfavorecidos teñan o seu espazo.

O programa Marineda City Solidario colaborou xa con:

-    Cruz Vermella Española

-    Banco de alimentos Rías Altas

-    Afaco (Asociación de familiares de enfermos de alzheimer Da coruña)

-    Fundación ADRA

-    Fundación Mujeres Ciudadanas

-    ACNUR

-    Centro de transfusión de Galicia (unidade móvil Xunta de Galicia)   

-    Asociación Coruñesa de Esclerosis Múltiple

Así mesmo, dentro do programa Marineda City Solidario, e en colaboración coa ONG Humana, fundación pobo a pobo, o centro conta cun punto de recollida de roupa, para que todas aquelas persoas que queiran colaborar poidan facelo depositando a roupa que non se utiliza, co fin de impulsar a cooperación ao desenvolvemento e favorecer a protección do medio. Este punto está situado de forma fixa na planta -1 do aparcadoiro de Marineda City.


A iniciativa Marineda City Solidario ten o compromiso de contribuír á mellora social e ambiental da súa área de influencia, a través das entidades que traballan para favorecer as persoas en situación de emerxencia ou exclusión social, así como dar visibilidade ás accións de concienciación social que realizan as ONG's do seu ámbito.

Para máis información podes escribirnos a info@marinedacity.com

 

Pie